Que son os MOOC?

Ola de novo, hoxe queremos falar dun tema que está moi de moda na educación e son os MOOC (Massive Open Online Course).

E que ven a ser esto? Pois básicamente poderiamos falar da democratización da ensinanza, poder ter aceso a cursos de universidades tan importantes coma Stanford, Yale, Princeton e moitas máis de xeito gratuito

Isto ten que ter truco. En realidade non, ti podes acceder ao curso e facelo, incluso tendo que superar unha serie de tests ou prácticas para acadar rematar o curso. Se pode ter incluso certificados de ter superado con éxito o curso mediante o pago dunha módica cantidade

Hoxe en día existen varias plataformas que facilitan este tipo de cursos, as máis importantes son:

Podedes pensar que estes cursos estarán pensados por e para técnicos ou informáticos, nada diso, por suposto que tamén existen cursos para eles, pero hai de todo, tal vez deberías botarlle un ollo e participar nalgún para ver qué tal se che da

En Chíos Formación estamos a traballar para poder ofrecer algún curso online en aberto, xunto con outros de pago, ¿tendes algunha preferencia sobor das materias a impartir? Xa sabedes que podedes contactar connosco a través de Twitter, Facebook, Google+ e na nosa web

Saúdos!!!