Presentación do colexio

Trátase dun colexio de formación profesional, máis non só iso, tamén andaremos metidos en case calqueira tema de formación nos que nos sintamos capacitados para impartilo con calidade e suficiencia


Gústannos moito as novas tecnoloxías, polo que tentaremos centrar o tiro por aí, máis o tempo, e o éxito nese campo dirá 😉 


Os ciclos de formación profesional que pensamos impartir son: 

  • Ciclo Medio de Cuidados Auxiliares de Enfermería
  • Ciclo Medio de Atención a Persoas en situación de Dependencia
  • Ciclo Superior de Educación Infantil
  • Ciclo Superior de Marketing e Publicidade
  • Ciclo Superior de Desenrolo de Aplicacións Web
  • Ciclo Superior de Desenrolo de Aplicacións Multiplataforma
  • Ciclo Superior de Educación e Control Ambiental

Tamén prepararemos as probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior

Impartiremos asimesmo os cursos de preparación de vixiantes de seguridade e accións formativas para desempregados

Fora do que é o ámbito puramente educativo tamén ofrecemos algún que outro servizo 😉 : peritaxes informáticos, desenrolo de páxinas web e aplicacións multiplataforma


De tódolos xeitos estade atentos á nosa páxina web (podedes apuntarvos para permanecer informados puntualmente das nosas novidades), ou tamén podedes atoparnos en twitter, facebook e google plus (agardamos estar próximamente en linkedin)

    Comenta