Por qué estudar Formación Profesional?

Moitas veces a xente se formula esta pregunta, é útil a formación profesional? Está ben considerada nas empresas? Terei traballo ao rematar?

Evidentemente non podemos asegurar unha resposta absoluta a estas preguntas, máis podemos dar os motivos polos que apostamos por esta formación no noso colexio en Coruña:

  • Preparámoste para unha profesión, cando saias estarás en condicións de comezar unha andaina profesional con todas as garantías (estudo da Xunta)
  • Hai prácticas concertadas coas empresas, en moitos casos con posibilidades reais de incorporación
  • Multitude de campos de estudo, dende educación física, sanidade, novas tecnoloxías, química e moitas máis
  • Acceso á universidade, ou recoñecemento de créditos universitarios trala finalización dun ciclo
  • Nun só ano xa poderías ter un título, no caso de ciclos medios, e en dous xa disporías dun ciclo superior
  • FP Dual, este ano existe unha nova modalidade de fp que fai posible compaxinar os estudos co traballo

Agardamos que estes sexan motivos suficientes para que queiras estudar un ciclo de FP, e se non, podes contactar con nós e che informaremos de todo o que necesites